Desde a Fundación Moncho Reboiras comprácenos presentarvos unha nova entrega da publicación, Enxergar, revista de pensamento e análise que sae á rede na véspera do 25 de xullo, Día da Patria Galega
Nun mundo afogado polo sistema capitalista e o patriarcado, en constante ebulición e derretemento, a achega de análises arredor da clase traballadora non é algo doado. O sociólogo e profesor brasileiro, Ricardo Antunes, converteuse nun dos referentes á hora de tirar reflexións sobre a clase traballadora para encamiñar a loita obreira, social e política. O pasado 22 de novembro do 2019 mantivo un encontro con integrantes do Consello Confederal da CIG