Enxergar. Revista de Pensamento e Análise nº5
Publicacións 005 05 5 Alberte Blanco Casal Enxergar Enxergar 5 Francisco Rodríguez Sánchez Paulo Carril
Publicación do Enxergar nº5
Este número, desenvolve o seu contido a través de sete artigos nos que se analizan o contexto económico e político internacional, así como os intentos de manipulación da nosa cultura.
Alberte Blanco Casal desmonta os argumentos por parte dos poderes económicos da grande impostura da economía verde que, para alén de ser vital para a existencia da humanidade, é un "negocio" cun enorme potencial especulativo"
No segundo artigo, Paulo carril, o secretario xeral de Confederación Intersindical Galega, afonda na necesidade da loita e mobilización obreira en resposta a unha realidade económica e social extrema que está a ter un impacto brutal no conxunto do pobo galego.
No espazo dedicado á entrevista, o xornalista da CIG Iván Riobó conversa con Fernando Acuña Rúa, primeiro secretario xeral da CIG entre 1994 e 2001, sinalando a importancia do sindicalismo nacionalista e poñendo en valor a negociación colectiva como "fonte de dereito".
Aurora Marco, catedrática xubilada da Universidade de Santiago de Compostela, asina un traballo sobre a anarcosindicalista galega Joaquina Dorado Pita (A Coruña, 1917) e o seu activismo na loita antifranquista.
O exdeputado do BNG Alfredo Suárez Canal, reflexiona sobre a creación e importancia de Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA), na que militou destacadamente desde a súa fundación hai cincuenta anos, poñendo en valor o relevo desta organización estudantil no proceso de autoorganización do pobo galego, no marco do tardofranquismo.
A investigadora Nithya Nagarajan pon o foco sobre o internacionalimo proletario e a loita pola liberación nacional do Sáhara e Palestina, a partir dunha entrevista do representante do Fronte POLISARIO para Oriente Próximo, e dunha visita realizada pola autora do artigo ao campo de refuxiados palestinos de Chatila (Beirut).
Por último, un artigo de Francisco Rodríguez Sánchez, exdeputado do BNG e profesor xubilado, centrado na realidade colonial da Galiza e a partir do corenta e cinco aniversario da publicación do libre Problemática nacional e colonialismo. O caso galego (Xistral 1978) que este autor publicara xunto ao catedrático de Estrutura Económica da USC Ramom Lopes Suevos.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza