Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Inauguración en Arzúa dun monólito en homenaxe a X.R. Reboiras Noia

Novas

Após a inauguración en Lugo, o pasado 27 de decembro, dun busto en homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia, procederase á inauguración no concello de Arzúa dun monólito en lembranza de "Moncho" Reboiras. Ao igual que no caso de Lugo, a iniciativa do acto de Arzúa partiu da Comisión 50 aniversario do asasinato de "Moncho" Reboiras, materializándose grazas á destacada presenza do BNG en ambos gobernos municipais, que fixeron súa a iniciativa de poñer en valor a unha figura clave na articulación do nacionalismo galego entre finais da década dos 60 e a primeira metade da década dos 70 do pasado século, referencia indiscutíbel, aliás, na loita contra a ditadura franquista e o recoñecimento de Galiza como nación.

No concello de Arzúa procederase á inauguración do monólito en homenaxe de X.R. Reboiras Noia o vindeiro sábado, 10 de xaneiro, por volta das 10:30h na Prazoleta (Rúa das Dores). Intervirán Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa, Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras e representante da comisión organizadora do acto, así como Andreea Birsanu e Dani Moscoso.  

Momento final da inauguración do busto en homenaxe a X.R. Reboiras Noia no Concello de Lugo. 


Volver

2026 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |