Presentacións do libro "O nacionalismo galego na década dos 70"
Novas
As seguintes datas e localidades nas que se presentará o libro son as seguintes:
-Vigo, 29 de outubro, ás 19:30h. Salón de actos da CIG (R/Gregorio Espiño nº47), coa presenza de Suso Seixo, presidente da FMR e coautor do libro e Xulio Ríos, coautor do libro.
-A Coruña, 30 de outubro, ás 19:30h. Salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (R/San Andrés 36 1º andar), coa presenza de Suso Seixo, presidente da FMR, Pilar G. Negro e Lois Diéguez, coautores do libro.
-Lugo, 31 de outubro, ás 19:30h. Salón de actos do Vello Cárcere (Praza da Constitución s/n), coa presenza de Suso Seixo, presidente da FMR, Emilio López Pérez e Xosé Miranda, coautores do libro.
-Ferrol, 5 de novembro, ás 19:30h. Centro Social Artabria (Travesía de Batallóns nº7), coa presenza de Suso Seixo, presidente da FMR e Carlos Vales, coautor do libro.
-Compostela, 7 de novembro, ás 20h. Vide-Vide (R/Fonte de Santo Antonio nº10), coa presenza de Suso Seixo, presidente da FMR e Ramón Varela, coautor do libro.
-Ourense, 19 de novembro, ás 19:30h. A.C. Auriense (Praza do Correxedor nº11), coa presenza de Suso Seixo, presidente da FMR, e Uxío-Breogán Diéguez, profesor de Universidade e historiador, ambos coordinadores do libro.
Nas presentacións proxectarase o documentario que acompaña o libro, e que pode visualizarse a través da seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=rsH1R36LT8A.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza