Publicacións

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Informe sobre cooperativas e expresións de poder popular: aspectos teóricos e experiencias

Elaborado por unha solvente equipa de investigadoras e investigadores da Fundación de Investigacións Sociais e Políticas (FISYP), entidade adherida ao Consello Latinoamericano de Ciencias Sociais (CLACSO), o caderno titulado “Informe sobre cooperativas e expresións de poder popular: aspectos teóricos e experiencias”, que a seguir presentamos e que foi editado no marco da serie de “Experiencias Internacionais” de publicacións de FESGA, é unha obra completa que permite unha aproximación ao cooperativismo como mecanismo de construción de espazos de poder popular.

Ler máis...

Construción popular cooperativa. A experiencia do MTL na Arxentina

O movemento Territorial de Liberación (MTL) é un movemento de traballadores ocupados e desocupados que naceu na Arxentina. Como tal movemento, e coa súa dinámica propia, está integrado na Central de Traballadores Arxentinos (CTA). O MTL conta cuns 20.000 membros repartidos nas 17 provincias da República Arxentina.

Ler máis...

Síntese histórica do movemento obreiro galego, das orixes até 1984

Ven de saír do prelo a última publicación editada por FESGA. Desta volta trátase dun libro, de 80 páxinas a toda cor, titulado “Síntese histórica do movemento obreiro galego, das orixes até 1984″, no que se fai un percorrido sobre a historia do movemento obreiro do noso páis desde as xuntas cenetistas de A Coruña até as folgas do naval en 1984. O percorrido é guiado por tres historiadores contemporaneistas de prestixio, como son Uxío-Breogán Diéguez, Dionisio Pereira e Bernardo Máiz.

Ler máis...

125 aniversario da morte de Rosalía de Castro

Vense de editar desde FESGA un novo políptico a toda cor. Desta volta, o folleto está centrado na figura máis significativa, e ao tempo máis universal, das nosas letras: Rosalía de Castro. Co gallo do 125 cabodano desta importantísima literata galega, e co obxecto de pular na divulgación da súa obra e perfil biográfico, preséntase este traballo que recolle un texto titulado “Rosalía de Castro: a inauguradora da modernidade galega”, da autoría da prestixiosa escritora e sociolingüista Pilar García Negro, así como unha escolma de textos de Rosalía de Castro.

Ler máis...

Percorrido pola historia da nación galega. Edición en caderno

“Percorrido pola historia da nación galega” foi o primeiro dunha serie tres folletos polípticos, no que se debulla de xeito ameno e sintético os principais trazos da historia da nosa nación dende a cultura castrexa até a década dos 90 do século XX, cunha importante presenza gráfica a través de ilustracións e fotografías. A vixente ocultación da historia de Galiza, é unha teima deliberada do españolismo para diluir a nosa identidade colectiva diferenciada, polo que a divulgación do coñecemento das orixes do noso pobo amosase coma un contributo positivo na dignificación da nosa identidade nacional.

A seguir preséntase unha nova edición dese material desta volta en formato caderno.

Ler máis...

Síntese histórica do soberanismo galego (1846-1936)

O historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Director do Centro de Estudos e Divulgación Alexandre Bóveda e Presidente da Asociación Galega de Historiadores, é autor deste interesante percorrido histórico do soberanismo galego, dende os seus albores na segunda metade do século XIX até a guerra civil de 1936, no que se achegan de xeito sintético a evolución deste significado movemento político que partindo do recoñecemento da entidade nacional galega reivindica o exercicio da soberanía plena, facendo unha atinada diagnose do papel que xogaron diversas organizacións dende a protonacionalista e agrarista Solidaridad Gallega até o Partido Galeguista de Bóveda e Castelao.

Ler máis...

A crise do modelo neoliberal e propostas alternativas

O catedrático de economía da Universidade de Santiago de Compostela, Xavier Vence, describe nesta publicación as orixes e os mecanismos que orixinaron a actual crise sistémica, abordando as diferentes burbullas especulativas, o endebedamento e a perda de poder de compra por parte da maioría social, así como a incidencia das principais potencias na economía mundial.

Segundo Vence, e a senso contrario do sostido polos media do sistema, non estamos unicamente perante unha crise de carácter económico-financeiro, senón que a esta hai que engadirlle outras non menos graves como son as crises enerxética, alimentica e de materias primas, o que no seu conxunto demostra a falencia e fracaso do modelo neoliberal. Así mesmo analizanse os posíbeis escenarios futuros e presenta unha serie de propostas e alternativas coas que facer fronte á crise.

Ler máis...

A crise do capitalismo mundial: unha ollada desde o marxismo (a través dos Grundrisse)

No presente traballo, o sociólogo mexicano Adrián Sotelo Valencia (Investigador do Centro de Estudos Latinoamericanos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da UNAM), analisa a orixe, natureza e posíbeis alternativas á vixente crise do sistema capitalista, a partires do enfoque do marxismo e tomando como punto de partida os Grundrisse escritos por Marx.

Ler máis...

Introdución á economía política. Notas sobre algúns conceptos necesarios para comprender e transformar a realidade

O presente traballo realizouse pois desde FESGA coidabamos que era esencial en momentos como os actuais, nos que atravesamos unha fonda crise do sistema capitalista, con graves consecuencias para as condicións de vida da clase traballadora e outras camadas populares -e para o propio futuro de Galiza-, divulgar os conceptos fundamentais para comprendérmonos o sistema socio-económico vixente así como as súas alternativas.

Este caderno é un contributo necesario para todos/as aqueles que procuran superar a análise superficial e conxuntural do momento económico e social actual, indo á raíz mesma dos mecanismos profundos do capitalismo neoliberal, e que se propoñan darlle resposta desde unha orientación que estea ao servizo das maiorías sociais.

Ler máis...

A Loita Labrega contra os foros e o caciquismo

A relevancia de dar a coñecer esa etapa da nosa historia, a explica Manuel Mera, director de FESGA e Secretario Confederal de Comunicación e Formación Sindical da CIG, na parte final do limiar do caderno: “Foron eles, os labregos e un proletariado nacente, os que serviron de fermento e apoio ás ideas e propostas que despois escritores, historiadores, poetas e políticos, galeguistas e nacionalistas, elaboraron dándolle valor teórico, e non ao revés. Esta parte da nosa historia, a da maioría do pobo que silenciosamente fixo patria e solidariedade, está aínda en boa medida por estudar e divulgar. Sen dúbida é unha eiva que cómpre remediar.”

Ler máis...

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |