Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Informe sobre cooperativas e expresións de poder popular: aspectos teóricos e experiencias

Publicacións

Elaborado por unha solvente equipa de investigadoras e investigadores da Fundación de Investigacións Sociais e Políticas (FISYP), entidade adherida ao Consello Latinoamericano de Ciencias Sociais (CLACSO), o caderno titulado “Informe sobre cooperativas e expresións de poder popular: aspectos teóricos e experiencias”, que a seguir presentamos e que foi editado no marco da serie de “Experiencias Internacionais” de publicacións de FESGA, é unha obra completa que permite unha aproximación ao cooperativismo como mecanismo de construción de espazos de poder popular.

A obra recolle tanto unha sintética fundamentación teórica do que representa o cooperativismo como formula alternativa ao modelos de iniciativa económica que impón o sistema capitalista, así como un repaso por diferentes experiencias representativas, tanto no ámbito do crédito como da vivenda e tamén no eido laboral, ofrecendo a exemplificación necesaria que avala o cooperativismo ademais de como un instrumento necesario, tamén como unha ferramenta viábel.

Ficha bibliográfica

Autores:

Julio C. Gambina
Gabriela Roffinelli
Fernando Pit
Javier Echaide
Santiago Lizuain

Serie: Experiencias Internacionais

Ano de edición: Novembro de 2008.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |