Publicacións

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega

Por último no folleto “10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega”, explícase a orixe histórica desta significada data para a clase traballadora galega nos sucesos de Ferrol en 1972, nos que a policía franquista asasinaría a dous traballadores do naval ferrolá: Amador e Daniel, e o calado daquel proceso mobilizador que se demostraría fulcral para a consolidación do sindicalismo nacionalista e de clase.

Ler máis...

Castelao, o nacionalista galego máis representativo e universal

No políptico “Castelao, o nacionalista galego máis representativo e universal”, editado co gallo dos 60 anos do seu pasamento, recóllese un perfil biográfico dunha das figuras máis relevantes do nacionalismo galego contemporáneo, así como unha escolma de textos do “Sempre en Galiza” obra referencial do pensamento nacionalista. Fronte a deformación interesada da súa figura, tratáse de proxectar o seu verdadeiro perfil político como un patriota exemplar activo até o derradeiro momento na defensa dos dereitos do pobo galego como nación. Sen a súa achega non se pode concibir o actual movemento nacionalista.

Ler máis...

Percorrido pola historia da nación galega

“Percorrido pola historia da nación galega” é o primeiro dos tres folletos, no que se debulla de xeito ameno e sintético os principais trazos da historia da nosa nación dende a cultura castrexa até a década dos 90 do século XX, cunha importante presenza gráfica a través de ilustracións e fotografías. A vixente ocultación da historia de Galiza, é unha teima deliberada do españolismo para diluir a nosa identidade colectiva diferenciada, polo que a divulgación do coñecemento das orixes do noso pobo amosase coma un contributo positivo na dignificación da nosa identidade nacional.

Ler máis...

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |