Publicacións

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

O estaleiro naval de Ferrol na Historia

A Fundación Moncho Reboiras-FESGA vén de editar un caderno que repasa a historia do estaleiro naval de Ferrol desde a óptica do movemento obreiro.

O Arsenal primeiro, e a “Construtora Naval” despois, deixaron unha importante pegada na historia naval militar, porén, tamén marcaron moi fondamente o movemento obreiro galego. A convivencia entre ambos estamentos foi moitas veces conflitiva e en moi poucas oportunidades, en situacións limite, déronse alianzas entre os operarios e a mariñeiría, e algúns sectores minoritarios da oficialidade.

Ler máis...

A Fesga edita o caderno: “os congresos obreiros galaico-portugueses”

Nos inicios do século XX, a semellante realidade da clase traballadora na Galiza e en Portugal faría que algúns cadros sindicais, dunha e outra banda do río Miño, considerasen a posibilidade de analizaren conxuntamente a realidade para actuaren, igualmente, en conxunción. Esta posíbel alianza relanzaríase co feito de ollaren os traballadores que a patronal empregaría en Portugal obreiros galegos e en Galiza operarios portugueses cando uns e outros ficaban en folga: era a introdución da figura do fura-folga ou esquirol, como ferramenta dos patróns para rachar coa tensión lexítima exercida polos traballadores e traballadoras e a necesaria solidariedade de clase. Con este sustento desenvolveríanse tres congresos obreiros galaico-portugueses entre o 1901 e o 1903, dando lugar á efémera “Unión operaria galaico-portuguesa”, que a FESGA quer valorizar editando un caderno  e un documentario que publicaremos en próximas datas.

Ler máis...

Síntese da historia social e política da Galiza desde 1800

A FESGA vén de editar o libro “Síntese da historia social e política da Galiza desde 1800″ , da autoría do historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, que traza un percorrido histórico desde o xérmolo provincialista da revolución de 1846 até o golpe de estado de 1936, que truncou o desenvolvemento político da nación galega.

Ler máis...

Coñece Galiza: Noia

A seguir ofrecemos o folleto editado sobre Noia, no marco do proxecto denominado “Coñece Galiza, desenvolvido por FESGA en colaboración coa Deputación da Coruña, que pretende poñer en valor dous dos enclaves máis senlleiros da provincia coruñesa, como son a propia Noia e Ferrol.

Ler máis...

Coñece Galiza: Ferrol

Non hai dúbida algunha que segundo avanzou o último terzo do pasado século vinte, foi dándose un maior e crecente interese turístico ligado ao patrimonio cultural. Desde os restos materiais da Idade Antiga aos restos da industrialización, a sociedade europea foi demandando  un maior coñecemento do seu pasado. Para o caso galego tanto os restos da cultura castrexa, como da Galiza medieval ou moderna teñen un especial relevo.

Ler máis...

O Reino Suevo da Gallaecia

Non se pode dicir que exista hoxe un debate na sociedade encol do Reino da Gallaecia baixo os reis suevos, malia que tería que habelo, xa que a historia oficial menospreza a existencia deste reino que durou case que dous séculos.O Reino de Gallaecia ten importancia histórica para a Galiza. Nese senso é preciso lembrar que Galiza foi o primeiro Reino de Europa.

Ler máis...

Para comprendermos a crise. Orixes, desenvolvemento e horizontes posíbeis.

A seguir preséntase a última publicación editada pola FESGA. Desta volta trátase dun completo traballo de análise da vixente crise sistémica, a cargo do Profesor de Economía Política na Facultade de Dereito da Universidade Nacional deRosario (Arxentina), Julio César Gambina, que é ademais Presidente da Fundación de Investigacións Sociais e Políticas,FISYP, e integrante do Comité Directivo do Consello Latinoamericano de CienciasSociais, CLACSO.

Ler máis...

Portada Novas Documentos Publicacións Análise Audiovisual Arquivo Histórico Da lingua galega e nós

Co título “Da lingua galega e nós” a FESGA editara un caderno de formación no que a través de catro textos da autoría de Pilar García Negro, Rafa Villar, Manuel Mera e Anxo Louzao, afóndase no valor capital que ten o idioma para a nosa nación, como un dos principais soportes da nosa identidade colectiva.

Ler máis...

As folgas xerais de 2001 e 2002. Contra a reforma laboral e en defensa da protección social

Baixo o título “As folgas xerais de 2001 e 2002. Contra a reforma laboral e en defensa da protección social.” FESGA editou hai varios meses un libro, coa colaboración da Consellaría de Traballo da Xunta de Galiza e a da CIG, e que a seguir dispoñibilizamos para a súa visualización e descarga en PDF.

Ler máis...

A reconversión naval de 1984 na Galiza. Tres folgas xerais, protesta de clase e conciencia de país

Baixo o título “A reconversión naval de 1984 na Galiza. Tres folgas xerais, protesta de clase e conciencia de país” FESGA editou hai varios meses un libro do que se tiraron 4.000 exemplares, coa colaboración da Consellaría de Traballo da Xunta de Galiza e a da CIG, e que a seguir dispoñibilizamos para a súa visualización e descarga en PDF.

Ler máis...

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |