Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

O estaleiro naval de Ferrol na Historia

Publicacións

A Fundación Moncho Reboiras-FESGA vén de editar un caderno que repasa a historia do estaleiro naval de Ferrol desde a óptica do movemento obreiro.

O Arsenal primeiro, e a “Construtora Naval” despois, deixaron unha importante pegada na historia naval militar, porén, tamén marcaron moi fondamente o movemento obreiro galego. A convivencia entre ambos estamentos foi moitas veces conflitiva e en moi poucas oportunidades, en situacións limite, déronse alianzas entre os operarios e a mariñeiría, e algúns sectores minoritarios da oficialidade.

Tampouco podemos ignorar que a cidade de Ferrol debe o seu crecemento e expansión desde unha pequena vila até ser unha das principais cidades galegas nos séculos XVIII e XIX, coa instalación do Arsenal e da capitanía marítima do Atlántico. Revoltas como a insurreción republicano-federal de 1872 ou a folga obreira que o 10 de marzo de 1972 na cal foron asasinados Daniel Niebla e Amador Rei, forman parte da memoria histórica do movemento obreiro galego que a nosa fundación quer poñer en valor coa edición deste caderno.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |