Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

O Reino Suevo da Gallaecia

Publicacións

Non se pode dicir que exista hoxe un debate na sociedade encol do Reino da Gallaecia baixo os reis suevos, malia que tería que habelo, xa que a historia oficial menospreza a existencia deste reino que durou case que dous séculos.O Reino de Gallaecia ten importancia histórica para a Galiza. Nese senso é preciso lembrar que Galiza foi o primeiro Reino de Europa.

Teimudamente quíxose, desde as clases dominantes, agochar o feito de que Galiza e España eran identidades políticas distintas na época suevo-visigoda e a alta Idade Media. En calquera caso non se pode considerar casual esta actitude (por certo xa antiga)de restar decote valores á nosa identidade nacional e aos feitos históricos en Galiza ou nos que tiveron significación os galegos/as. Esta situación non é nova nin particular, senón que procura como noutros países desarmar de argumentos e debilitara conciencia histórica e política do noso pobo facéndonos vulnerábeis á colonización estranxeira.

Coa vocación de contribuír á divulgación e valorización dunha etapa da nosa historia nacional de especial relevancia, FESGA ven de editar un breve caderno no que de xeito didáctico e co valor engadido das numerosas ilustracións fornece ao lector/a dunha primeira aproximación histórica ao que foi o Reino Suevo da Gallaecia.

Ficha bibliográfica

Texto: Equipa Técnica de FESGA.

Deseño e maquetación: Breixo Lousada

Ilustracións: Tokio / Antonio Seijas

Ano edición: 2011


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |