Novas

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Fesga presenta o caderno gráfico “O galego con humor”

“A través dunha ilustración pódese facer unha tese sobe a realidade da lingua”. Con esta premisa o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, o Secretario Confederal de Formación Sindical, Manuel Mera, e o debuxante Luís Davila, presentaron esta mañá o caderniño “O galego con humor”, unha publicación composta por doce viñetas de seis humoristas gráficos galegos, a través da que se quere facer unha chamada “á necesidade de avanzar no uso social do idioma”.

Ler máis...

Xornadas internacionais de economía social (vivenda e crédito)

Ponentes de varios países participarán nunhas xornadas organizadas pola CIG e SINERXIA, coa colaboración da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, coa fin de achegar á sociedade galega o modelo da economía social, e dar a coñecer experiencias de cooperativismo en materia de vivenda e crédito.

Ler máis...

Darío Machado abordará o “Presente e futuro da revolución cubana”

Dentro do marco do traballo de Formación Sindical, FESGA organiza como actividade de formación interna unha conferencia-coloquio a cargo do compañeiro Darío Machado (Politólogo cubano e profesor na Escola Nacional de Cadros Sindicais “Lázaro Peña” da Central de Traballadores de Cuba) na que se abordará a situación política e social en Cuba, que nos permita ilustrar e comprender as mudanzas en curso na revolución cubana, no contexto xeral dos avances políticos e sociais na América Latina, da actual crise económica mundial e do nacemento dunha nova orde multipolar mundial.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 23 de outubro do 2008, en Santiago de Compostela.

Ler máis...

Estudo socioeconómico da Terra de Soneira

O pasado venres, día 1 de febreiro, presentouse no auditorio de Baio un libro editado por FESGA sobre a Terra de Soneira, segundo a actual comarcalización: sobre os concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas. Acudiron á presentación medio cento de veciños destes municipios, representantes de distintas entidades e persoas interesadas polo tema.

Ler máis...

2020 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |