Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

O Fórum Soberanista celebra o terceiro seminario internacional en Compostela este 23, 24 e 25 de xullo

Novas Fórum Soberanista, galiza

As organizacións galegas Fundación Galiza Sempre, Fundación Moncho Reboiras e Fundación Terra e Tempo, son as anfitrioas, xunto coa Fundación Europea Maurice Copeeters.

O Fòrum Soberanista, espazo conformado por máis de 20 organizacións a nivel político, sindical e cultural do estado Estado español do ámbito do soberanismo de esquerda, organizan en Santiago de Compostela, estas xornadas de reflexión e análise co obxectivo de  reforzar os valores democráticos, de xustiza social, paz e respecto aos dereitos colectivos dos pobos.

Este Workshop europeo de xeopolítica – III Escola Soberanista ten como obxectivos principais proporcionar recursos académicos e formativos a tódalas persoas asistentes, así como promover o debate, o intercambio de ideas e xerar coñecementos compartidos ao redor da necesidade de políticas en prol da soberanía enerxética, a resolución de conflitos políticos, comprender e coñecer os procesos de dixitalización do mundo, analizar a situación económica a nivel europeo e mundial, analizar as causas e consecuencias do ascenso da ultradereita en Europa ou como construír dende a cooperación e a solidariedade unha Europa con xustiza social, democrática e respectuosa  co dereito de autodeterminación dos pobos.

As xornadas realizaranse no recinto Campus Vida, na Universidade de Santiago, e contarán con poñentes de recoñecido prestixio nas súas áreas de especialización, provenientes de todo o estado, de América Latina, Palestina e o Kurdistán.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |