Novidades no proceso de elaboración e posta en marcha dos plans de igualdade (rexistro dos plans e auditoría salarial)
Novas 2021 cig formacion-sindical Plans de igualdade
Desde a Fundación Moncho Reboiras e a CIG apostamos pola formación das delegadas e delegados da central como un dos nosos eixos centrais na nosa metodoloxía sindical. No actual contexto de crise económica e social, recortes de liberdades, criminalización da loita sindical, aumento da precariedade laboral... a formación das delegadas e delegados é fundamental para a nosa acción sindical como sindicato nacionalista e de clase.
O longo deste primeiro trimestre do 2021, a nosa entidade realizará unha xeira de xornadas nas distintas comarcas do país, así como encontros telemáticos. Desde a Fundación Moncho Reboiras e a CIG, consideramos que os plan de igualdade nas empresas constitúen unha ferramenta útil para a consecucións da igualdade real entre mulleres e homes.
A xornada técnica que presentamos no día de hoxe, esta dirixida a delegadas e delegados da CIG, cadros sindicais, persoal de estrutura, incluíndo as persoas que xa fixeron o curso de “Implantación na negociación colectiva de plans, políticas e estratexias de igualdade na empresa” (nas edicións 2019 e 2020), co obxectivo de actualizar os coñecementos logo da publicación do R.D. 901/2020 e R.D. 902/2020, e así analizar a repercusión nos procesos de negociación colectiva e a súa aplicación nos plans de igualdade.
Se estas interesada ou interesado en realizar esta formación, contacta coa túa federación ou envía a ficha ao correo electrónico: info@fundacionmonchoreboiras.gal
Obxectivos e contido da xornada:
- Coñecer a normativa básica en materia de igualdade, aspectos básicos.
- Analizar a repercusión da publicación dos R.D. 901/2020 (polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro) e 902/2020 (de igualdade retributiva entre mulleres e homes) nos procesos de negociación dos plans de igualdade.
- Analizar a falta de contundencia e impacto dos textos, xa que constitúen un novo golpe aos sindicatos nacionalistas, apartándonos e deixándonos fora dos acordos en materia de lexislación laboral xa que non garante a pluralidade nos procesos de negociación colectiva.
- Identificar o impacto que ten a financiación por parte da Xunta de Galiza, dos gabinetes de igualdade de CCOO, UXT e CEG, dentro do marco do “falso diálogo social”, do que a CIG non fai parte, dado que son empregados para impoñer acordos pechados en materia de negociación de plans de igualdade e protocolos de acoso.
- Interpretar a difusa definición de fenda salarial.
- Explicar a importancia de crear una formación específica para as persoas que se responsabilicen da negociación dos plans.
- Saber cales son as fases na elaboración dos plans de igualdade, contido mínimo, estrutura dos plans.
- Coñecer cales son os criterios para elaboración da diagnose, (anexo 2, modelo de cuestionario da diagnose).
- Establecer estratexias para os procesos de negociación.
- Coñecer páxinas, enlaces e ferramentas de interese.
Datas confirmadas
- Santiago de Compostela - 23/02/2021
- Xornada por aula virtual - 24/02/2021
- Vilagarcía de Arousa - 25/02/2021
- Vigo 26/02/2021
- Vigo 04/03/2021
- Ourense 18/03/2021
- A Coruña (Pendente de confirmación de data)
Horario de celebración das xornadas: Desde ás 9:30hs até ás 13:30hs
Ficha de inscrición
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza