Novas

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Inauguración da exposición "A Xeración Nós e a Galiza do seu tempo"

A Fundación Moncho Reboiras inaugurou o 2 de decembro a exposición "A Xeración Nós e a Galiza do seu tempo" no Campus de Elviña da Universidade da Coruña. Esta mostra está comisariado polo profesor da UDC e historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, membro do Padroado da Fundación. A mostra quere ser un recoñecemento ao labor dos integrantes da Xeración Nós diante do cen aniversario da revista homónima á que deron lugar Nós. Boletín mensual da cultura galega.

Ler máis...

A Fundación Moncho Reboiras asistiu á I Escola Soberanista celebrada a pasada fin de semana en Donosti

A fin de semana do 14, 15 e 16 de febreiro a Fundación Moncho Reboiras participou en Donosti xunto con máis de 150 persoas e máis de 30 fundacións, na primeira escola soberanista, organizada polo Foro de Fundacións da Esquerda Soberanista, da cal a Fundación Moncho Reboiras é integrante.

Ler máis...

A ‘uberización’ do traballo

O profesor de Socioloxía do Traballo da Universidade Estadual de Campinas, no Brasil, Ricardo Antunes, visitou Galiza, convidado pola Fundación Moncho Reboiras e a CIG, para compartir as súas análises sobre a cada vez maior deterioración das condicións laborais a consecuencia da terceirización da economía. Unha charla para a que el mesmo propuxo dous posibles títulos: “A uberización do traballo” ou “O capitalismo de plataforma e a protoforma do capitalismo” e na que presentou, ademais, o seu último libro, O privilégio da servidão: O novo proletariado de serviço na era digital.

Ler máis...

Documentación do primeiro Congreso da CIG

Aquel xermolo que agromaba o 19 de marzo de 1994 na unificación entre a CXTG e INTG, dando lugar á Confederación Intersindical Galega (CIG) converteuse hoxe, no referente sindical no noso país polo seu compromiso coa nación galega, polo seu carácter reivindicativo, combativo e de clase

Ler máis...

Coloquio sobre a “Vixencia do pensamento marxista” en Compostela

Con motivo do 200º aniversario de Karl Marx, desde a Fundación Moncho Reboiras organizamos unha conferencia-coloquio en Santiago de Compostela sobre a vixencia do pensamento marxista. Aproveitaráse a ocasión para presentar unha publicación editada para a ocasión pola Fundación Moncho Reboiras o pasado mes de xullo de 2018.

Ler máis...

2003, Cando a rúa fervía. Nunca Máis e Non á Guerra, un antes e un despois que non se pode ignorar

 

Reflexionar sobre a historia do país é unha obrigación para todos e todas e, moi especialmente, para os/as que teñen unha responsabilidade política, sindical, social.

 

Ler máis...

Coloquio sobre a “Vixencia do pensamento marxista” en Vigo e Lugo

Con motivo do 200º aniversario de Karl Marx, desde a Fundación Moncho Reboiras organizamos unha conferencia-coloquio en Vigo e outra en Lugo sobre a vixencia do pensamento marxista. Aproveitaráse a ocasión para presentar unha publicación editada para a ocasión pola Fundación Moncho Reboiras o pasado mes de xullo.

Ler máis...

Coloquio sobre a “Vixencia do pensamento marxista” martes 27 de novembro en Ferrol e A Coruña

Con motivo do 200º aniversario de Karl Marx, desde a Fundación Moncho Reboiras organizamos unha conferencia-coloquio na Coruña e outra en Ferrol sobre a vixencia do pensamento marxista. Aproveitaráse a ocasión para presentar unha publicación editada para a ocasión pola Fundación Moncho Reboiras o pasado mes de xullo.

Ler máis...

A soberanía: alternativa á ditadura do mercado

O vindeiro venres, día 5 de outubro terá lugar a derradeira conferencia que se enmarca nos Encontros Internacionais Dereitos dos Pobos de Europa que organizamos conxuntamente coa Fundación Galiza Sempre e Coppieters Foundation.

Ler máis...

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |