Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Actos conmemorativos polo 47 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras

Novas

Como todos os anos, este ano 2022 tiveron lugar numerosos actos (Ferrol, Imo, Vigo, …) en lembranza e homenaxe ao compañeiro Xosé Ramón Reboiras Noia, asasinado pola policía franquista, na cidade de Ferrol, o 12 de agosto de 1975. Como todos os anos é habitual, a Fundación Moncho Reboiras depositou un centro floral na tumba de Reboiras no cemiterio de Imo.

Este ano a conmemoración desta data tivo como novidade a inauguración da Rúa Moncho Reboiras, na estrada de Imo, o propio día 12 ás 11h., promovida polo Concello de Dodro, cuxa corporación municipal adoptou por maioría este acordo, a petición dunha iniciativa promovida polo grupo municipal do BNG. Ao acto, presidido polo goberno municipal en pleno, asistiron numerosos veciños e veciñas, así como militancia nacionalista, algúns deles coetáneos de Moncho Reboiras, facéndose así xustiza e recoñecemento a un veciño, bo e xeneroso, ao que lle foi segada a súa vida (con apenas 25 anos), deliberada e conscientemente, pola ditadura franquista, por tratarse dun militante comunista galego firme defensor dos dereitos das clases populares galegas e da soberanía de Galiza.

A Fundación Moncho Reboiras estivo presente no acto de inauguración da devandita rúa, e a través da persoa do presidente do Padroado, Suso Seixo, fíxose chegar, tanto ao alcalde de Dodro  como ao representante do grupo municipal do BNG nese concello, o agradecemento de todo o Padroado da Fundación Moncho Reboiras, pola súa iniciativa diante do acordo adoptado e a celebración do acto de inauguración.  


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |