Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Xornadas internacionais de economía social (vivenda e crédito)

Novas Economía Social Vigo Xornadas

Ponentes de varios países participarán nunhas xornadas organizadas pola CIG e SINERXIA, coa colaboración da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, coa fin de achegar á sociedade galega o modelo da economía social, e dar a coñecer experiencias de cooperativismo en materia de vivenda e crédito.

As xornadas celebraranse os vindeiros 21 e 22 de novembro, no Hotel Tryp Los Galeones, en Vigo, co obxectivo de dar a coñecer á sociedade galega o modelo da economía social, a través de experiencias galegas, estatais e internacionais de éxito; promover un debate sobre dito modelo e o seu papel na transformación cara sociedades máis igualitarias, solidarias e sostíbeis e abordar dous grandes campos da problemática: a vivenda e o acceso a crédito, desde as respostas da economía social.

As xornadas pretenden tamén promover a participación activa e crítica das persoas asistentes, combinando as exposicións de experiencias con debates participativos e a difusión dos resultados das xornadas.

PROGRAMA

VENRES 21 DE NOVEMBRO

Sesión mañá

09:15h Recepción de participantes.

09:30h Acto de apertura das xornadas:

Xesús Seixo, Secretario Xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG).

Ana Lorenzo Vila, Federación de Cooperativas SINERXIA.

Teresa Táboas Veleiro, Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia (ou quen ésta designe para a representar).

 

10:30h Presentación de experiencias de vivenda:

Carlos Márquez Cabrera. Uruguai.

Foi membro do Grupo Asesor do Ministerio de Vivenda do Goberno da República Oriental do Uruguai. É integrante da Cooperativa de Vivenda UCOVITA e COVIPRO.

Antón Ínsua López. Galiza.

Forma parte do Consello Reitor da Cooperativa Salgueiriños de Vivendas de Compostela. Licenciado en Ciencias Económicas pola USC, é actualmente xerente de Cidadania S. Coop. Galega.

Álvaro Costa. Portugal.

É Presidente da Dirección de IRMANADORA – Cooperativa de vivenda e construción, servizos e solidariedade, CRL., presentará a experiencia do cooperativismo de vivenda en Portugal.

José Luis Rodríguez Fernández. Galiza.

Xefe do Servizo de Fomento e Calidade da Vivenda da Delegación Provincial da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia en Pontevedra. Presentará as liñas de actuación e accións emprendidas por parte da consellaría no relativo ao cooperativismo de vivenda.

 

14:30h Xantar.

 

Sesión tarde

 

16:30h Presentación de experiencias de crédito:

 

Jose María Larrañaga Bolinaga. Euskadi.

Enxeñeiro técnico. Ex Director de Persoal de Fagor que presentará a experiencia de crédito cooperativo de Mondragón: a Caja Laboral Popular Coop. de Crédito – Euskadiko Kutxa.

Ramón Pascual Sanpons. Cataluña.

É Coordinador de Coop57, unha cooperativa de servizos financeiros que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social.

Peru Sasia Santos. Euskadi/Italia.

É o Director Xeral de FIARE (Fundación de Inversión y Ahorro Responsable), e presentará a experiencia da Banca Popolare Ética (Italia), coa que FIARE ten unha relación estratéxica e da que promove produtos financeiros de apoio á economía social.

19:00h Peche da sesión.

Sábado 22 de novembro

10:30h Mesas de traballo e debate.

14:00h Peche das xornadas.

ANÓTATE

Para pre-inscribirte tan só é preciso que cubras este FORMULARIO.

A participación nas xornadas será totalmente gratuíta (incluído o xantar do venres 21) e entregarase certificado de asistencia a quen o precise e/ou solicite.

Por mor da limitación do aforo as prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. As inscricións serán definitivas só unha vez sexan confirmadas pola organización.

Podes inscribirte tamén no correo electrónico: vivendaecredito@gmail.com ou nos telefones: 986 896 526 (SINERXIA) e 986 827 948 (CIG), inndicando os seguintes datos: Nome e apelidos / documento de identidade / enderezo postal / telefone de contacto / correo electrónico.

Indica tamén se vas participar a título individual ou en representación dalgunha entidade/organización (sinalando nese caso cal).


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |