Vídeo-entrevista a Gonzalo Gómez: Revolución bolivariana e poder obreiro en Venezuela.
Audiovisual aporrea aporrea-org cig fesga gonzalo-gomez marea-socialista psuv unte venezuela
Aproveitando a estancia de Gonzalo Gómez Freire, cofundador do dixital venezolano Aporrea.org e integrante do PSUV -e dentro deste da corrente Marea Socialista-, no noso país, durante a que ofreceu unha interesante palestra que tivo lugar o pasado 11 de xaneiro en Vigo organizada por FESGA, realizámoslle a videoentrevista que a seguir publicamos.
Nela, o militante bolivariano, resposta aos principais interrogantes que xorden a respecto da situación do proceso revolucionario no que está inmersa Venezuela: ¿En que situación está a revolución bolivariana? ¿Que impacto ten o regreso á Asemblea Nacional da oposición antichavista? ¿Foron representativos os resultados electorais da oposición?.
Mais tamén, Gómez fai unha breve presentación das incipientes experiencias en materia de control obreiro. ¿En que consiste o control obreiro? ¿Cal é o seu grao de implantación? ¿En que sectores? a estas e outras cuestións ofrece respostas.
[media id=49 width=530 height=325] Podes visualizar tamén este vídeo en Youtube e en Blip.2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza