Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Temidos e respectados, a insurrección de abril de 1846 en Galiza

Artigos historia insurreccion

En 1846 tería lugar no noso país unha insurrección que deixaría fonda pegada na historia da nosa nación. O proceso insurreccional tivo dous eixos reivindicativos: cuestionar ao governo do conservador Narvaez (do partido moderado), primeiro, e despois substituído por Istúriz, e recobrar a unidade territorial de Galiza que se consideraba pola Xunta Superior de Galiza “unha colonia da Corte”.

A Revolución de 1846, como o Banquete de Conxo posteriormente, foron un símbolo pra o rexurdir das arelas galeguistas no século XIX. Ademais, ten unha enorme importancia que aquelas figuras senlleiras de Galiza que viviron os feitos ou coñeceron aos actores -como Murguía- sexan os que lles deron dende moi cedo un valor sobranceiro. O que eles din tamén ten valor histórico.

A revolución de 1846, progresista cun tinte prenacionalista, que foi no fundamental unha batalla entre militares cunha participación cativa de milicianos, espertou conciencias e animou a toda unha xeración que estaba xermolando, como Murguía, Rosalía, Aguirre ou Pondal. Ese foi o seu grande triunfo, o de deixar semente. Foi a revolución á que se sumaron aqueles que amaban a Galiza, tanto como pra reclamar que se lle temera e respetara. Dúas verbas que din moito, así como considerar á esta nación colonia da Corte española. Pedían xustiza sabedores de que esta esixencia só tiña valor co fusil na man.

Neste texto de Manuel Mera faise unha sintética aproximación histórica aos feitos que acaeceron naquela altura.

Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |