Sae á venda “O novo proletariado dixital na era do capitalismo pandémico”
Publicacións Antunes capitalismo Covid19 dixital libro pandemia proletariado
O novo proletariado dixital na era do capitalismo pandémico, do profesor e investigador social brasileiro, Ricardo Antunes presenta un retrato polo miúdo da clase traballadora do noso tempo, nas súas principais tendencias, e afonda na análise detallada das mudanzas no mundo do traballo que se veñen producindo a escala planetaria.
Para Antunes, a chegada da pandemia da COVID-19 é o resultado dunha letal simbiose entre a crise estrutural do capital, que leva varios anos, unha crise social abafadora e unha profunda crise política con consecuencias inimaxinables. Así, no libro constátase que a práctica existente nos últimos anos foi a destrución sistemática da lexislación laboral e social que protexe a clase traballadora, ao impor un capitalismo depredador que a día de hoxe amosa a súa faciana máis violenta. O resultado é a expansión global dunha enorme taxa de desemprego, precariedade, temporalidade, etc., así como a aparición do novo proletariado de servizos, que se desenvolve no traballo dixital, nunha uberización que vai cada día en aumento.
Esta nova realidade que se está a impor no mundo do traballo, marcada pola nova enxeñaría dixital (algoritmos, intelixencia artificial...), leva a unha maior precarización e a unha maior explotación da clase traballadora, hoxe máis fragmentada, individualizada e invisibilizada que nunca. Os dereitos laborais, na consideración de Antunes, están a ser socavados por un capital, que despreza a totalidade dos límites humanos, sociais e ambientais. De aí tamén a importancia dun sindicalismo de clase, que fuxa da entelequia da concertación social e aposte pola combatividade e o conflito como maneira de avanzar na conquista de dereitos laborais.
Así, fronte ao capitalismo pandémico e ao que Antunes vén denominando o privilexio da servidume, o gran desafío que se abre para a clase traballadora é a reinvención da emancipación, como imperativo do noso tempo, e sempre nun horizonte socialista para a humanidade.
O novo proletariado dixital na era do capitalismo pandémico pretende ser, desde o seu enfoque marxista e o seu rigor analítico, un contributo a esa tan necesaria como urxente emancipación da clase traballadora, o novo proletariado do século XXI.
Puntos de distribución en librarías:
A Cañiza:
Libraría Escribán
A Coruña:
Libraria Arenas
Libraria Azeta
Libraria Couceiro
Libraria Goya
Libraria Nouceiro
Libraria Suevia
A Estrada:
Libraría Marxe
Libraría Faro
A Illa de Arousa:
Libraría Castelao
Ames:
Libraría Mainomen
Arteixo:
A Lus do Candil
Libraría Vagalume
Betanzos:
Libraría Biblos
Bueu:
Libraría Abrente
Caldas de Reis:
Libraría papelería Filgueira
Camariñas:
Ler Librerías
Cangas:
Libraría Marxe
Libraría Vilafer
Carballo:
Libraría Brañas Verdes
Cee:
Libraría Mestura
Celanova:
Sinte Conde Celanova
Chantada:
Libraría Mago
Fene:
Libraría Contos
Ferrol:
Libraría Cortizas
Libraría Estraviz
Libraría Galiano
Libraría Limiar
Librería Central
Foz:
Libraría Bahía
Gondomar:
Libraría Libraida
Lalín:
Libraría Dalvi Lalín
Libraría Raices
Lugo:
Libraría A Carrilana
Libraría Aguirre
Libraría Biblos
Libraría Carballal
Libraría Trama
Marín:
Libraría Maky
Moaña:
Libraría Alborada
Monforte de Lemos:
Libraría Agrasar
Libraría Sarga de Lemos
Monterroso:
Libraría Meiga
Noia:
Libraría Loroño Laciana
Libraría Sementeira
Oroso:
Libraría Aula 10
Ourense:
Libraría Garce
Libraría Moraima
Libraría Malleira
Libraría Eixo
Libraría Kathedra
Libraría Tanco
Libraría A Nova
Padrón:
Libraría Pensamentos
Pobra do Caramiñal:
Ler Librerias
Pontevedra:
Libraría Escolma
Libraría Paz
Quiroga:
Libraría Celia
Redondela:
Libraría Moliere
Rianxo:
Libraría Ben
Sada:
Libraría López
Santiago de Compostela:
Gallaecia Liber
Libraría Couceiro
Libraría Follas Novas
Libraría Numax
Sarria:
Libraría Galicia
Tui:
Libraría Iris
Val do Dubra:
Ler Librerias
Vigo:
Libraría A Libroteca
Libraría Cartabón
Libraría Hobbit Papelería
Libraría Librouro
Libraría Mendinho
Papelería e Libraría Sacapuntas
Versus Libraría
Vilagarcía de Arousa:
Follas Novas
Espacio do lector Novel
Xinzo de Limia:
Libraría Vidal
Distribución online:
Páxina web do Consorcio Editorial Galego
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza