Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Enxergar. Revista de Pensamento e Análise nº4

Publicacións

Coincide a edición deste cuarto número de ENXERGAR coa conmemoración do 50 aniversario dunha efeméride de grande transcendencia para a clase traballadora galega; estámonos a referir ao asasinato en marzo de 1972, por parte da policía franquista, de Amador Rei e Daniel Niebla, traballadores de Bazán, en Ferrol.

Aqueles feitos tan convulsos, xunto coa existencia dun movemento obreiro cada vez máis organizado e contestatario, propiciou o escenario necesario para que a decisión político-ideolóxica de autoorganización do pobo galego, adoptada polo nacionalismo, se empezase a facer realidade entre a clase traballadora constituindose os primeiros xermolos sindicais promovidos pola Fronte Obreira da UPG.

O 10 de marzo do setenta e dous converteuse así nunha data referencial para o sindicalismo nacional e de clase, como punto de partida da súa creación, pero tamén como exemplo da loita do proletariado galego na defensa dos seus intereses de clase. Nacía o Dia da Clase Traballadora Galega.

Neste número, alén de analizar aqueles sucesos, completamos este numero con catro artigos nos que se analizan o contexto económico e político internacional, así como os intentos de manipulación da nosa cultura.

Pilar García Negro desmonta os intentos por parte dos poderes fácticos, españois e galegos, de converter a escritora Emilia Pardo Bazán, aproveitando que se cumpren cen anos do seu falecemento, nun mito de escritora galega, comprometida e feminista, a través da falsificación da súa obra e figura, ocultando deliberadamente a súa visión clasista, negacionista e de menosprezo da sociedade galega

No seu artigo, Bernardo Valdés, analiza os fondos Next Generation UE, como resposta da Unión Europea á crise da COVID-19, e, entre outros aspectos, avalía a utilización que se está a facer dos mesmos por parte do goberno Español para baleirar de competencias o Estatuto de Autonomía de Galiza. Tamén o papel que xoga a Xunta de Galiza na xestión deses recursos favorecendo os intereses privados de grandes empresas.

Alberte Blanco fálanos do conglomerado oligopólico transnacional de carácter global, convertido nun poderoso centro de poder mundial que busca constituír unha nova estrutura capitalista liderada por un selecto grupo de corporacións punteiras en tecnoloxías da información, comunicación, edición, distribución online, enerxías alternativas, nova automoción, industria aeroespacial, robótica e intelixencia artificial, e con capacidade para impoñer a gobernos e organismos internacionais as estratexias xeopolíticas, económicas e administrativas que máis lle conveñan.

Xulio Ríos, partindo de que se cumpren 100 anos da fundación do Partido Comunista da China e tendo en conta o papel que China xoga hoxe a todos os niveis no contexto mundial, analiza brevemente a evolución da política deste partido, desde a súa constitución baixo o liderado de Mao Zedong, ao cambio producido cunha nova etapa co liderado de Deng Xiaoping e o momento actual con Xi Jinping como máximo dirixente.

Desde o Padroado da Fundación Moncho Reboiras queremos aproveitar o 50 aniversario dos sucesos do 10 de marzo de 1972, para renderlle un sentido e emotivo homenaxe a Amador Rei, a Daniel Niebla e a todos os traballadores e traballadoras galegas que foron vítimas da represión fascista. O noso agradecemento e o noso firme compromiso en continuar o seu legado.

Artigos da Revista Enxergar nº4 - febreiro 2022

Descarga o cuarto número de Enxergar en PDF

Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |