Proletariado e loita de clases na Galiza de anteguerra (entrevista a Dionisio Pereira)
Audiovisual historia movemento-obreiro
Baixo o título "Proletariado e loita de clases na Galiza de anteguerra", ofrecemos o derradeiro dos tres capítulos que conforman o documental "Síntese Histórica do movemento obreiro galego", editado pola FESGA. Desta volta, o historiador Dionisio Pereira traza un percorrido que parte dos primeiros xermes sindicais no século XIX e remata co golpe de estado fascista de 1936, pondo fin a unha etapa de continuo ascenso do movemento obreiro.
O illamento, a persecución estatal, a escasa industrialización do país e o embate continuo do capital serán dificultades que o movemento obreiro galego irá resolvendo a través da unidade de acción nas folgas e mobilizacións. Os Congresos Obreiros galego-portugueses, as folgas no sector da pesca e da conserva en Vigo, as loitas labregas do interior, os conflitos no Arsenal de Ferrol, na fábrica de tabacos na Coruña ou no ferrocarril en Ourense serán algúns dos fitos que marquen a etapa que recolle este capítulo.
[media id=46 width=530 height=325]
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza