Pacto da Moncloa: a clase obreira traizoada.
Artigos 1978 clase-obreira pactismo pacto-da-moncloa
Hai agora algo máis de 33 anos que se asinou, o 25de outubro de 1977, o chamado Pacto da Moncloa, ao que se atribúe a consolidación da transición. Ousexa, que se impedira a ruptura democrática, con todo o que tería significado: república e hexemonía das clases populares, e polo tanto unha clara consolidación dos dereitos sociais e nacionais negados.O pacto social de 1977 está de novo de actualidade,xa que varios medios de información e analistas compararon o recente acordo en materia de pensiónsco da Moncloa, polas súas semellanzas (dado aimportancia da cesión de rendas).
Agora ben, sen dúbida ten diferencias no momento histórico e nas formas, como se verá polo seguinte texto -da autoría de Manuel Mera-, porén no aspecto esencial existe unha importante coincidencia conceptual entre ambos. Concretamente, na cesión que se fai de dereitos conquistados pola clasetraballadora (con moito esforzo) aos grupos dominantes, sen ningunha compensación real e sendar a batalla para alén de declaracións verbais e algún amago de folga.
Acrecentamos ademais o artigo cunha serie de anexos coa vocación de favorecer unha maior profundización na análise sobre o devandito acordo e máis sobre a oposición da clase traballadora galega ao mesmo, que se manifestou por exemplo na xornada de loita convocada polo incipiente sindicalismo nacionalista.
[Anexos]
O Pacto da Moncloa en La Voz de Galicia, 28/01/1978.
Número do 'Ceibe' voceiro da AN-PG, no que se fala da Xornada de Loita, xaneiro de 1978.
Exemplar do 'A Nosa Terra' no que se aborda a Xornada de Loita contra o Pacto da Moncloa, 03/02/1978.
Exemplar do 'EIXO', voceiro da ING, no que se aborda a Xornada de Loita contra o Pacto da Moncloa e a Xornada de Loita, febreiro de 1978.
Exemplar do 'Terra e Tempo', órgao de expresión da UPG, no que se aborda ao Pacto da Moncloa e a Xornada de Loita, xaneiro de 1978.
Exemplar do 'Terra e Tempo', órgao de expresión da UPG, no que se aborda ao Pacto da Moncloa, febreiro de 1978.
Críticas ao pacto da Moncloa e a su aplicación, recollidas polo xornal 'El País', 1978.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza