Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza
Moncho Reboiras, vontade de liberación
O vindeiro 12 de agosto cumpriranse 39 anos de que o militante comunista e nacionalista galego Xose Ramón Reboiras Noia morrera asasinado a tiros da policía española no portal número 27 da Rúa da Terra en Ferrol. Entendendo que o mellor xeito de conmemorar esta data fatídica é divulgarmos a figura deste comprometido patriota, empeñado na loita pola emancipación social e nacional --causa que hoxe partillada por milleiros e milleiros de galegos e galegas--, a Fundación Moncho Reboiras publicamos deseguido un texto elaborado polo director da fundación, Manuel Mera, orixinalmente publicado no semanrio Sermos Galiza.
Baixo o título "Moncho Reboiras, vontade de liberación" debúllase o importante contributo militante de Moncho Reboiras, enfrontando os violentos estertores da ditadura franquista e axudando a erexir os alicerces do movemento nacional popular galego, quer no ámbito cultural, o estudantil ou o sindical. Propoñemos percorrer o seu intenso axir como militante, para profundarmos no significado dunha vida entregada á vontade libertadora de quen arela(mos) unha Galiza ceive e sen explotación.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza