Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Inauguración da exposición "Rexurdir do nacionalismo galego: do Piñeirismo ao Consello da Mocidade" en Lugo

Novas consello-da-mocidade exposicion lugo pineirismo

Esta terza feira 17 de decembro ás 20h terá lugar na Sala Multiusos do Museo Provincial de a inauguración da exposición, "REXURDIR DO NACIONALISMO GALEGO: DO PIÑEIRISMO AO CONSELLO DA MOCIDADE". No acto intervirán: No acto inaugural da exposición, intervirán:
  • Antonio Veiga, Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo.
  • Manuel Mera, Director da Fundación Moncho Reboiras.
  • Saleta Goi, Integrante do Consello da Mocidade.
  • Bautista Álvarez, Integrante do Consello da Mocidade.
Esta exposición, que permanecerá nas instalacións do Museo Provincial de Lugo desde o 17 de decembro até o 15 de xaneiro, enmárcase nas actividades divulgativas organizadas pola Fundación Moncho Reboiras (FESGA), coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, co gallo do 50º aniversario do Consello da Mocidade. Preténdese, por medio desta exposición, resgatar un momento, uns acontecementos e unhas persoas centrais na historia contemporánea da nosa nación, no rexurdimento do nacionalismo galego e na ligazón deste cos intereses e necesidades dos sectores populares do noso país. Esta actividade complementarase coa realización dun vídeo-documentario e máis dun libro que será presentado o vindeiro martes 14 de xaneiro, tamén no Museo Provincial de Lugo, no marco da conferencia-coloquio que ofrecerán os seus autores: Xoán Carlos Garrido Couceiro e Uxío-Breogán Diéguez Cequiel.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |