Inauguración da exposición "A Xeración Nós e a Galiza do seu tempo"
Novas
A través da mostra percórrese, así mesmo, a evolución da Galiza de finais do século XIX e o inicio do s. XX, no que se nuclean as relacións persoaos e intelectuais da devandita xeración. A través dos paneis obsérvase como se foi artellando o grupo Nós, nutríndose de esforzos previos protagonizados por integrantes doutras xeracións (caso das e dos integrantes do Rexurdimento, inspiradores das xentes de Nós); e como os integrantes de Nós participarían de iniciativas coprotagonizadas por outras xeracións, xa no tempo republicano, do que tamén participarían cofundadores de Nós, como Ramón Otero Pedrayo, Daniel R. Castelao, Vicente Risco ou Florentino López Cuevillas. Igualmente, na exposición preséntanse as ideas-forza que actuaron como común denominador da Xeración Nós, sendo centrais boa parte das súas producións políticas, intelectuais e académicas para comprender a Galiza dos nosos días, facéndose un especial recordo ao Seminario de Estudos Galegos.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza