Hugo Moldiz: "En Bolivia, o noso horizonte estratéxico e o socialismo comunitario"
Audiovisual bolivia hugo-moldiz latinoamerica socialismo
A seguir publicamos o vídeo no que se recolle a intervención do xornalista Hugo Moldiz, que tivo lugar no marco do XIV Encontro Internacional “Os partidos políticos e unha nova sociedade” organizado polo Partido do Traballo de México, que tivo lugar en marzo do presente ano.
Na súa alocución Moldiz fai un repaso da situación do proceso transformador actualmente en desenvolvemento en Bolivia, de cuxos logros destaca a recuperación do control sobre os recursos naturais, e do que afirma o seu horizonte estratéxico non é outro que o do socialismo comunitario. Nese senso apunta que "hai que recoller o mellor da experiencia do socialismo no século XX e combinala coa experiencia comunitaria dos pobos orixinarios".
O xornalista manifestase tallante ao sinalar que "a transición ao socialismo comunitario non pasa pola reivindicación de ningún tipo de capitalismo, por moi andino e amazónico que sexa", en referencia aos debates que se están a suscitar no seo das forzas vivas do proceso de cambios naquel país. "Non temos opcións. Barbarie ou socialismo" conclúe Hugo Moldiz, recuperando a famosa consigna proclamada pola marxista Rosa Luxemburgo.
[media id=24 width=530 height=325]2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza