Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Gonzalo Gómez palestrou en Vigo sobre a situación do proceso revolucionario en Venezuela.

Novas aporrea gonzalo-gomez venezuela

Onte tivo lugar en Vigo unha conferencia-coloquio organizada pola FESGA, na que o co-fundador do diario dixital Aporrea.org e integrante do PSUV, Gonzalo Gómez Freire palestrou sobre en que situación se acha o proceso revolucionario bolivariano en Venezuela.
[caption id="attachment_1188" align="alignleft" width="210" caption="Gonzalo Gómez nun intre da conferencia."][/caption]

Onte tivo lugar en Vigo unha conferencia-coloquio organizada pola FESGA, na que o co-fundador do diario dixital Aporrea.org e integrante do PSUV, Gonzalo Gómez Freire palestrou sobre en que situación se acha o proceso revolucionario bolivariano en Venezuela.

Gonzalo Gómez fixo un repaso sintético dos logros da revolución e valorou as pasadas eleccións lexislativas nas que a oposición antichavista recuperou presenza parlamentar. Nese senso sinalou que malia que a escasa representatividade dos resultados, a presenza acadada pola oposición dificultará algún proxectos, nomeadamente no referido á tramitación de leis orgánicas que esixen dunha maioría cualificada que as forzas bolivarianas non teñen na asemblea nacional.

Un dos aspectos centrais nos que concentrou a súa exposición foron as incipientes experiencias en materia de control (ou poder) obreiro, nas que a clase traballadora exerce a dirección efectiva dos procesos produtivos. Gómez salientou que o positivo desta fórmula pola súa vertente democrática e por posibilitar unha mellor defensa dos intereses das e dos traballadores.

A aprobación da Lei Habilitante ou as primeiras experiencias en materia de poder comunal tamén foron abordadas na conferencia, na que tamén se fixo un breve repaso á situación de Latinoamérica.

O acto que contou coa asistencia de varias decenas de persoas concluíu cun coloquio no que varios dos asistentes formularon preguntas a respecto da situación de Venezuela.

Proximamente, no sitio web de FESGA publicaremos unha video-entrevista en dous episodios no que se recollen algunhas das cuestións mencionadas.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |