Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Gonzalo Gómez, membro do PSUV: "a pesar da crise capitalista, en Venezuela seguen a se producir avanzos sociais"

Audiovisual gonzalo-gomez venezuela

Gonzalo Gómez Freire é co-fundador de aporrea.org , referencia na rede do proceso bolivariano na Venezuela. Militante do PSUV, foi delegado no seu I Congreso Extraordinario. Na seguinte video-entrevista fálanos dos avanzos sociais que están a ter lugar no seu país, das estratexias contra a crise que están a desenvolver e da necesidade de articular unha V Internacional.

Gómez Freire indica que o impacto da crise foi menor en Venezuela en relación ao resto dos países capitalistas do entorno debido á natureza do proceso revolucionario,  a pesar de que "a baixa dos prezos do petróleo obrigou a recalcular os orzamentos". Ademais, están a diversificar mercados para reducir a dependencia dos USA, así como estabelecendo mecanismos de troco solidario de produtos cos países da ALBA.

Destaca tamén a reorganización do campo sindical na UNT e a cada vez maior implicación dos traballadores e traballadoras na xestión e control das empresas estatalizadas. No tocante á redución das desigualdades sociais, lembrou como o Estado pasou a controlar parte do sector financeiro e alimentar grazas ás nacionalizacións, xunto cos importantes avanzos en materia de ensino e redución da precariedade laboral.

Para rematar, Gómez Freire fala da "recolonización" que os USA están a ensaiar en América Latina através do intento por derrubar e bloquear os procesos de mudanza que están a ter lugar nos países da ALBA, ademais da necesidade de artellar alianzas globais en base ao traballo anticapitalista e antiimperialista, recollendo as experiencias das anteriores Internacionais.

[media id=22 width=530 height=325]

Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |