Aberto o prazo de inscrición para Formación sindical 2021
Novas 2021 cig formacion-sindical
Desde a Fundación Moncho Reboiras e a CIG apostamos pola formación das delegadas e delegados da central como un dos nosos eixos centrais na nosa metodoloxía sindical. No actual contexto de crise económica e social, recortes de liberdades, criminalización da loita sindical, aumento da precariedade laboral... a formación das delegadas e delegados é fundamental para a nosa acción sindical como sindicato nacionalista e de clase.
Cómpre facernos máis fortes, reforzando a nosa resposta como clase traballadora galega. Por iso desde a Fundación Moncho Reboiras e a CIG apostamos sen ambaxes nos nosos obxectivos básicos; a mellora progresiva e xeral, individual e colectiva, dos traballadores e traballadoras; o impulso do Marco Galego de Relacións Laborais e a construción da Central Sindical Única Galega; a defensa do pleno exercicio dos dereitos humanos, individuais e colectivos, incluíndo o dereito de autodeterminación; a loita por unha nova orde económica internacional, máis xusta e solidaria; a reforma do marco xurídico e político que permita a Galiza ser suxeito de pleno dereito con plena capacidade de actuación en todas as materias.
As distintas accións formativas que impartimos nestes primeiros seis meses do 2021, teñen como obxectivo principal achegar as delegadas e delegados da central sindical recursos formativos dun xeito ameno e didáctico, facilitando a comprensión do ámbito xurídico laboral, a interpretación das nóminas nas súas distintas modalidades, calcular e interpretar as liquidacións e indemnizacións por despedimento, así como establecer plans, políticas e estratexias de igualdade na empresa. Coñecer os nosos dereitos como clase traballadora para defendermos con máis forza dos ataques que sufrimos día a día no ámbito laboral.
Por iso, desde o 10 de febreiro fica a aberta o prazo de inscrición nas distintas Federacións e comarcas para as distintas accións formativas.
Consulta os cursos a realizar na túa comarca ou no correo info@fundacionmonchoreboiras.gal
- Introdución aos dereitos no traballo
Duración: 20h. en 4 xornadas de 5h. Tipo Aula virtual
o Dereitos sindicais na empresa, representación e conflito colectivo
o O contrato de traballo
o As condicións de traballo e a súa modificación
- Implantación de Plans, políticas e estratexias de igualdade na empresa
Duración: 20h. en 4 xornadas de 5 hs. Tipo presencial
o Conceptos básicos
o Contexto internacional do movemento feminista
o Aproximación histórica ao movemento feminista galego
o A CIG, unha organización feminista
o Antecedentes legais, marco normativo e xurídico das políticas de igualdade
o Conceptos do Plan de Igualdade na empresa
o Plan de igualdade na empresa
o Fases da negociación dun plan de igualdade na empresa
o A postura da CIG
- Interpretación e cálculo de nóminas
Duración: 20h. en 4 xornadas de 5h. Tipo Aula virtual
o Análise e interpretación dunha nómina
o Como calcular unha nómina?
o A cotización á Seguridade Social
o Incapacidade temporal, baixas e situacións especiais
o Supostos prácticos
o Bases e grupos de cotización 2021
- Cálculo de liquidacións
Duración: 20h. en 4 xornadas de 5h. Tipo Aula virtual
o Como se calcula unha liquidación (finiquito)?
o Despedimentos, trámites de reclamación e modalidades de indemnización
o Como calcular as indemnizacións por despedimento?
o Supostos prácticos
o Bases e grupos de cotización 2021
Ficha de inscrición
Cartaz accións formativas 2021
Cartaz accións formativas 2021 - WhatsApp ou Telegram
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza