Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

FESGA organiza a conferencia-coloquio: "Venezuela, revolución e poder obreiro".

Novas gonzalo-gomez poder-obreiro psuv venezuela

A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA), dentro da súa actividade divulgadora, ven de organizar para o vindeiro martes 11 de xaneiro, a partir das 20h, unha conferencia que baixo o título "Venezuela, revolución e poder obreiro" terá lugar na sede comarcal da CIG de Vigo (Rúa Gregorio Espino 47). No perfil da fundación na rede social Facebook foi creado un evento con esta convocatoria que podes axudar a difundir.

Martes 11 de xaneiro, ás 20h no auditorio do local da CIG en Vigo.

A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA), dentro da súa actividade divulgadora, ven de organizar para o vindeiro martes 11 de xaneiro, a partir das 20h, unha conferencia que baixo o título "Venezuela, revolución e poder obreiro" terá lugar na sede comarcal da CIG de Vigo (Rúa Gregorio Espino 47). No perfil da fundación na rede social Facebook foi creado un evento con esta convocatoria que podes axudar a difundir.

No acto contarase coa intervención de Gonzalo Gómez Freire, co-fundador do dixital venezolano Aporrea.org e activo integrante do Partido Socialista Unificado de Venezuela (PSUV), quen palestrará sobre as medidas que naquel país latinoamericano se están a impulsar en relación ao denominado "control obreiro" na esfera produtiva. Trala súa palestra abrirase un coloquio entre o público asistente.

Breve reseña biográfica do poñente.

Gonzalo Gómez Freire, con nacionalidade galego-venezuelana é psicólogo de profesión cunha mestría na especialidade de psicoloxía clínica. Prestou servizo de psicoloxía en institutos públicos de educación especial desde 1976. Foi profesor no Instituto Pedagógico de Caracas por varios anos na área de Educación Especial. Investigador, Asesor e Educador Social na área de Dereitos dos Nenos, Nenas e Adolescentes. Investigacións publicadas sobre Nenos desamparados, en mendicidade e Nenos Traballadores. Coordinador de programas de formación e de atención dirixidos a nenos, nenas e adolescentes en situación de risco, aplicados en comunidades populares. Foi facilitador da Universidade Nacional Experimental Simón Rodríguez (CEPAP) por varios anos.

Entre os aspectos destacado da loita social e sindical de Gonzalo Gómez Freire están:

* Membro da Asociación Nacional de Medios Comunitarios Libres e Alternativos de Venezuela (ANMCLA), participou na coordinación e vocería nacional.

* Integrante do equipo de coordinación e voceiro nacional da Fuerza Socialista de Profesionales y Técnicos.

* Membro do equipo editorial de Marea Socialista, xornal obreiro e popular composto por dirixentes sindicais da Unión Nacional de Trabajadores, activistas populares e estudiantís. Participou no proceso de fundación desta organización. Activo apoio a distintas loitas obreiras e revolucionarias.

* Participou na Asamblea Popular Revolucionaria (Aporrea), instancia de articulación de colectivos populares de Caracas para enfrontar o golpe de Estado do ano 2002 e 2003, que deu orixe a Aporrea como xornal dixital.

* Fundador da Rede Venezolana contra a Débeda e condutor do programa "A Débeda e a Vida" naRadio Alternativa de Caracas (até o ano 2002).

* Foi delegado sindical do Sindicato Unitario do Maxisterio (SUMA) e dos Comandos Zonales de Magisterio, participante en varias loitas maxisteriais contra os gobernos da IV República.

*Participou na construción de Movemento Sindical Bolivariano e da Unión Nacional de Traballadores.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |