Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Ferrol naval e obreiro, vídeo histórico-turístico da serie “Coñece Galiza”

Audiovisual conece-galiza ferrol

Sinopse:

Sinopse:

"Ferrol naval e obreiro" realiza un percorrido histórico-turístico pola cidade departamental e os seus arredores, vencellando o desenvolvemento urbano a procesos históricos, sociais e económicos. A apertura ao Atlántico e a protección da ría determinarán o desenvolvemento da vila, especialmente a partir do século XVIII.  A presenza marcada de dous mundos ben diferenciados que se mesturan a cotío, o militar e o obreiro, deron lugar a unhas relacións complexas e a través da historia.

Os estaleiros, Arsenais, o Ferrol Vello, o barrio da Madalena, o de Esteiro, as vivendas sociais de Recimil, xunto a episodios coma o 10 de marzo de 1972 , son algúns dos lugares de interese e feitos históricos recollidos neste documental.

O arquitecto Iván Rivas Rico guíanos pola historia urbana da cidade, mentres que o dirixente sindical Emilio Cagiao Deibe fala dos conflitos obreiros no sector naval.

Xénero: Documental

Duración: 15´55".

Formato: HD-video 16:9

Editado por FESGA (Fundación para o estudo e a divulgación da cuestión social e sindical en Galiza) dentro da serie documental "Coñece Galiza, percorridos histórico-turísticos", que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

O video compleméntase cun caderno despregábel, tamén editado pola fundación. Podes visualizalo aquí.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |