Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Darío Machado explica os lineamentos económicos e sociais que van ter lugar en Cuba

Audiovisual cuba dario-machado economia socialismo

Co gallo do transcendente VI Congreso do Partido Comunista de Cuba, que se está a realizar entre o 16 e o 19 de abril, coa asistencia de 1.000 delegados e delegadas, coidamos de interese esta intervención de Darío Machado sobre o evento e os temas a debate. A intervención foi realizada o pasado mes de marzo no marco do XV Seminario Internacional “Os partidos e unha nova sociedade” realizado na cidade de México e organizado polo Partido do Traballo dese país.

DARÍO MACHADO | Aproximación biográfica: Darío Machado é Licenciado en Ciencias Políticas e Doutor en Ciencias Filosóficas. Exerce como Profesor Titular Adxunto do Instituto Internacional de Xornalismo José Martí, no que imparte clases en Diplomatura Internacional. Vice-presidente do Consello Científico da devandita institución, tamén é Profesor Titular Adxunto da Universidade de Ciencias Informáticas. É membro fundador do Consello Científico da Central de Traballadores de Cuba, Profesor Titular Adxunto da Escola Nacional de Cadros Sindicais Lázaro Peña e membro do seu Consello Científico. É autor de 6 libros: “Burocracia y Burocratismo”, “Nuestro propio camino: Análisis del proceso de rectificación en Cuba”, ” Cuba: Ideología Revolucionaria”, “¿Es posible construir el socialismo en Cuba?”, publicado como libro de texto para o sistema educacional cubano pola editorial Pueblo y Educación, “Introducción al análisis ideológico del contenido del discurso”, e o máis recente “Pensar la sociedad”. É así mesmo co-autor doutros 6 títulos, entre eles: “Actividad social de las masas trabajadoras en las condiciones del socialismo”, “El milagro cubano Bogotá” y “Los cambios en la estructura socioclasista”..

Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |