Cursos de Formación Sindical 2010-2011
Artigos cig cursos fesga formacion-sindical
A seguir preséntase o folleto no que se recolle a oferta de Cursos de Formación Sindical que FESGA oferta á Confederación Intersindical Galega (CIG). Estas accións de formación intersectorial, teñen por obxecto contribuír a un mellor coñecemento da lexislación laboral, a negociación colectiva, o cálculo de nóminas e liquidacións e a adquisición de habilidades sociais e comunicacionais.
Os cursos do presente período van prestar especial atención ao conxunto de reformas e modificacións recentes da lexislación laboral, abordando tamén outros aspectos de interese, coma a economía, a historia social e os dereitos civís aplicados á acción sindical.
Os cursos están financiados polo Fondo Social Europeo a través da Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Para máis información contacta con nós.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza