Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Crónica audiovisual do encontro “A soberanía: alternativa á ditadura do mercado”

Audiovisual

Neste acto participaron os secretarios xerais de ELA (Euskal Herria), Adolfo Muñoz, CSC (Catalunya), Carles Sastre e CIG, Paulo Carril, afirmaron na xornada de debate decorrida na Fundación ONCE da Coruña a necesidade de pular pola soberanía dos nosos respectivos pobos como fórmula para defender os dereitos das maiorías fronte á ditadura dos mercados, nun camiño superador do capitalismo.

O pasado venres, día 5 de outubro tivo lugar a derradeira conferencia dos Encontros Internacionais Dereitos dos Pobos de Europa que organizamos conxuntamente coa Fundación Galiza Sempre e Coppieters Foundation.

Neste acto participaron os secretarios xerais de ELA (Euskal Herria), Adolfo Muñoz, CSC (Catalunya), Carles Sastre e CIG, Paulo Carril, afirmaron na xornada de debate decorrida na Fundación ONCE da Coruña a necesidade de pular pola soberanía dos nosos respectivos pobos como fórmula para defender os dereitos das maiorías fronte á ditadura dos mercados, nun camiño superador do capitalismo.

Podes ver aquí os vídeos coas súas intervencións, xunto á do antropólogo Andrés Piqueras, da Universitat Jaume I de Castelló, que tamén participou na xornada coa ponencia "Soberanismo como desproletarización. A reapropiación do que é o noso fronte ao capitalismo mafioso, de desposeimento".

Paulo Carril, Secretario Xeral da CIG
Carles Sastre, Secretario Xeral da CSC
Adolfo Muñoz, Secretario Xeral de ELA
Andrés Piqueras Infante, profesor Titular de Antropoloxía Social e Socioloxía Social da Universitat Jaume I de Castelló [UJI]

Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |