Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Conferencia-coloquio de Adrián Sotelo: “Crise, resistencias e alternativas. Unha perspectiva desde México”

Novas adrian-sotelo alternativas conferencia crise mexico

O vindeiro venres 13 de febreiro, de 10:00 a 14:00 h., no local da CIG en Compostela, no marco da actividade de formación sindical da CIG, a Fundación para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza (FESGA) organizará unha conferencia-coloquio, a cargo do sociólogo Adriano Sotelo, sobre a situación política e social en México no contexto da actual crise do capitalismo mundial.

O vindeiro venres 13 de febreiro, de 10:00 a 14:00 h., no local da CIG en Compostela, no marco da actividade de formación sindical da CIG, a Fundación para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza (FESGA) organizará unha conferencia-coloquio, a cargo do sociólogo Adriano Sotelo, sobre a situación política e social en México no contexto da actual crise do capitalismo mundial.

[gallery columns="2"]

Adrián Sotelo, destacado sociólogo mexicano e profesor na Universidade Nacional Autónoma de México, é autor de numerosos traballos e investigacións sobre a realidade actual do capitalismo e do mundo do traballo baixo o dominio do neoliberalismo. A CIG publicou en galego, no 2005, o seu libro: “A reestruturación do mundo do traballo”.

Adrián Sotelo achegará unha perspectiva orixinal e profunda da actual crise do capitalismo mundial, así como o significado e transcendencia das múltiples loitas sociais e políticas que se dan no México de hoxe, e os escenarios posíbeis de transformación no seu país.

Esta conferencia permitirá coñecer mellor a realidade dun Estado de grande importancia no escenario latinoamericano, desde o ponto de vista político, económico e cultural.

Poboado con máis de 107 millóns de habitantes (dos que, case 30 viven na capital e a súa área metropolitana), e cunha superficie de case 2 millóns de quilómetros cadrados, México é a segunda economía de América Latina, ademais de ser un dos principais produtores de hidrocarburos do mundo.

Un país de resistencias

Este país foi unha vítima prioritaria da voracidade imperial dos Estados Unidos, o seu poderoso e insaciábel veciño do norte. Submetido a un dos primeiros e máis agresivos Tratados de Libre Comercio cos Estados Unidos (xunto con Canadá), ao expolio sistemático das suas riquezas naturais e ao desmantelamento da súa agricultura, México afóndase nunha grave crise social. Millóns de traballadores/as de “usar e tirar” que foron sobre-explotados nas “maquilas” e nas Zonas Francas, polo capital internacional, e rematan hoxe na rúa, por milleiros cada día. Moitos outros son cazados como bestas cando tratan de cruzar a fronteira dos Estados Unidos, onde a súa migración masiva sostén a produción agrícola, a construción, a industria cárnica e os servizos de limpeza, nunhas condicións que son de semi-escravitude.

Mais México é tamén un país de resistencias populares e obreiras, desde a insurrección zapatista do EZLN no 94, até a mobilización multitudinaria contra a privatización e venda ao estranxeiro da compañía estatal de petróleos, pasando pola rebelión popular de Oaxaca, nucleada arredor dos sindicatos de mestres.

Un país onde só a xigantesca fraude electoral privou ao candidato da Fronte Ampla Progresista, Andrés Manuel López Obrador, dunha vitoria indubidábel nas eleccións presidencias pasadas.

As/os compañeiras/os interesadas/os en asistir a esta conferencia deberán inscribirse previamente na súa Federación ou Comarca, antes do 11 de febreiro.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |