Comprendermos | 18
Publicacións
Nesta nova entrega do suplemento Comprendermos dedicamos as primeiras páxinas a unha profunda análise de Xosé Manuel Golpe Acuña sobre a situación da industria electrointensiva na Galiza. Neste traballo o lector atopará como lle afecta a aplicación das peaxes de acceso ás eléctricas, a evolución dos custos e a importancia da elaboración con perspectiva galega do novo estatuto para esta actividade. En resumo, unha visión global deste sector industrial tan importante no noso País e que na actualidade está en perigo.
Na contra concluímos cun apuntamento sobre a urxente necesidade de mudar o marco lexislativo actual, un artigo de Francisco Sío, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza