Comprendermos | 17
Publicacións comprendermos sermos-galiza
Nesta nova entrega do caderno, publicado o pasado 7 de febreiro conxuntamente co semanario Sermos Galiza, abordamos os 25 anos da folga xeral de 1994. Artigo elaborado polo Director da Fundación Moncho Reboiras, Manuel Mera, onde analiza os motivos do éxito da xornada de folga do 27 de xaneiro de 1994, sétima folga xeral na Galiza e a segunda no Estado após a morte do ditador. O seguimento foi tal que nas cidades do noso país tivo unha incidencia de entre o 80% e o 95% das traballadoras e traballadores.
Nas páxinas centrais deste número conversamos con Transi Fernández, nova secretaria nacional de CIG-Servizos que vén de ser elixida no seu VII Congreso. Nesta entrevista afondamos nos principais conflitos que enfronta na actualidade un sector que continúa a aumentar o seu peso laboral e económico no noso país, destacando que a única maneira de defendermos é a través da loita nas empresas e a negociación colectiva.
Pechamos o noso caderno coa análise de Margarida Corral, secretaria confederal da Muller da CIG, onde preséntanos a convocatoria do vindeiro 8 de marzo de Folga de Mulleres. Como tras un ano da histórica xornada de loita das mulleres a día de hoxe non se antenderon as reivindicacións do feminismo de clase.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza