Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Comprendermos | 15

Publicacións

Neste novo número do Comprendermos, analizamos nun artigo de Manuel Mera, Director da Fundación Moncho Reboiras, como o sindicalismo nacionalista e de clase ten alargado de maneira continuada desde o seu nacemento a súa base de apoio, logrando organizar cada vez un maior número de traballadoras e traballadores. Ese evolución tamén deixou pegada na representatividade sindical, marcada por un crecemento practicamente ininterrompido desde 1977 até os días de hoxe onde a CIG colocouse como primeira forza sindical en Galiza en número de delegadas e delegados.

 

Nas páxinas centrais do suplemento, entrevistamos a Dores Martínez Castelo. Dores vén de ser reelixida como Secretaria Nacional da Federación Galega de Alimentación, Mar e Transporte (FGAMT) da CIG. Na entrevista realizada polo compañeiro Xabier P. Igrexas, poderemos atopar unha interesante conversa respeito dos principais conflitos que afrontan na actualidade.

 

Ademais, recollemos a análise de James Petras, sociólogo norteamericano especializado en imperialismo e loita de clases, nun artigo que corre baixo o titulo "A recuperación do Imperio e a desaparición dos traballadores". Petras analiza un dos aspectos da decadencia dos EUA é o da súa clase dominante facer sobrevivir e consolidar o seu poder sobre unha crecente desigualdade interna e unha profunda degradación das condicións de vida dos traballadores e do pobo do seu propio país. Derrubando o mito da "american way of life", a violencia militar e a explotación que exportan teñen unha fráxil retagarda.

 

Finalmente na capa desta entrega, atopamos un artigo do Secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, onde analiza o novo escenario laboral no Estado español tras a caida do Goberno do Partido Popular. Como no primeiro de maio desde a CIG convocábase unha Folga Xeral para o 19 de xuño, unha convocatoria que partía como unha resposta necesaria diante dos graves ataques que sobre a clase traballadora. Unha mobilización que era a moción de censura das traballadoras e traballadores galegos fronte a situación de emerxencia nacional. Por ese motivo, co mesmo convencemento e responsabilidade coa que desde a Central sindical nacionalista convocabamos a Folga Xeral acordouse a súa supresión. Fixémolo chamando a unha Xornada Nacional de Mobilizacións en todas as comarcas da nosa nación o pasado 19 de xuño. Unha convocatoria que quería empurrar a exixencia de que se poña fin de inmediato a todas as políticas antigalegas, antiobreiras e antisociais impostas desde o Goberno central de Madrid.

 


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |