Coloquio sobre a “Vixencia do pensamento marxista” martes 27 de novembro en Ferrol e A Coruña
Novas A Coruña ferrol Marx marxismo Vixencia do pensamento marxista
O próximo martes 27 de novembro, a Fundación Moncho Reboiras inicia nas cidades de Ferrol e A Coruña unha xeira de encontros, enmarcados no formato conferencia-coloquio, que ademais servirán para presentar a publicación “Vixencia do pensamento marxista”, así como para debater e analizar a contribución de Karl Marx ao pensamento crítico que interpreta a realidade actual. Este ciclo de conferencias continuará nas próximas semanas nas cidades de Vigo (11 de decembro), Lugo (12 de decembro) e Compostela (pendente de confirmar data).
A publicación que presentamos, conta cun limiar de Manuel Mera, Director da Fundación Moncho Reboiras. Un primeiro texto de Claudio Katz, “A relevancia contemporánea de Marx”, o cal analiza a vixencia das análises marxistas e dos métodos empregados en relación co momento actual. Claudio Katz é economista e un dos referentes máis destacados da teoría marxista da dependencia en América Latina,”. Por ultimo, a publicación conta cun segundo texto de V.I. Lenin escrito en 1914, baixo o titulo “Karl Marx, breve esbozo biográfico, cunha exposición do marxismo”.
Encontros na Coruña e Ferrol
Na cidade da Coruña, a conferencia-coloquio terá lugar na A.C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16, 1º andar) o martes 27 ás 19:30h. O acto será presentado por Dores Martínez Castelo, secretaria nacional da FGAMT, e contará coas intervencións de Suso Seixo, Presidente da Fundación Moncho Reboiras, e Xosé Manuel Carril, profesor da UDC.
En Ferrol, a conferencia-coloquio terá lugar ás 20:30h na Fundaçom Artábria (Travesía Batallóns, 7), e o encontro será presentado por Nicolasa Castro Monteiro, integrante da Executiva da CIG e secretaria de Formación Sindical, Lingua e Cultura, contando coas intervencións de Uxío-Breogán Dieguez, integrante da Fundación Moncho Reboiras e profesor da USC e Mauricio Castro, profesor da EOI na cidade de Ferrol.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza