Coloquio sobre a “Vixencia do pensamento marxista” en Vigo e Lugo
Novas lugo Marx marxismo Vigo Vixencia do pensamento marxista
O próximo martes 11 de decembro e mércores 12 de decembro, a Fundación Moncho Reboiras continua nas cidades de Vigo e Lugo a xeira de encontros, enmarcados no formato conferencia-coloquio, que ademais servirán para presentar a publicación “Vixencia do pensamento marxista”, así como para debater e analizar a contribución de Karl Marx ao pensamento crítico que interpreta a realidade actual. Este ciclo de conferencias tivo inico con gran suceso nas cidades de A Coruña e Ferrol o pasado 27 de novembro.
A publicación que presentamos, conta cun limiar de Manuel Mera, Director da Fundación Moncho Reboiras. Un primeiro texto de Claudio Katz, “A relevancia contemporánea de Marx”, o cal analiza a vixencia das análises marxistas e dos métodos empregados en relación co momento actual. Claudio Katz é economista e un dos referentes máis destacados da teoría marxista da dependencia en América Latina,”. Por ultimo, a publicación conta cun segundo texto de V.I. Lenin escrito en 1914, baixo o titulo “Karl Marx, breve esbozo biográfico, cunha exposición do marxismo”.
Encontros en Vigo e Lugo
Na cidade da Vigo, a conferencia-coloquio terá lugar na Libraría Cartabón (Rúa Urzáiz nº 125) o martes 11 de decembro ás 20:00h. O acto será presentado por Alberto Gonçalves, secretario comarcal da CIG-Vigo, e contará coas intervencións de Manuel Mera, Director da Fundación Moncho Reboiras, e Francisco Sampedro, profesor e filósofo.
En Lugo, a conferencia-coloquio terá lugar ás 20:00h no C.S. Uxío Novoneyra (Rúa Quiroga Ballesteros s/n), e o encontro contará coas intervencións de Suso Seixo, Presidente da Fundación Moncho Reboiras e Bernardo Valdês, pofesor da USC.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza