Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

“Acordo Social e Económico”, ruína da clase traballadora (video-reportaxe)

Audiovisual pensions reforma-pensions

“Hemos hecho algo en materia de pensiones que seguramente nadie de los que estamos aquí imaginaba que podríamos hacer”, declaraba o secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, durante a escenificación do enésimo pacto social entre goberno, patronal e sindicatos estatais.

“Hemos hecho algo en materia de pensiones que seguramente nadie de los que estamos aquí imaginaba que podríamos hacer”, declaraba o secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, durante a escenificación do enésimo pacto social entre goberno, patronal e sindicatos estatais.

O “Acordo Social e Económico” ten como principal obxectivo o trasvase de rendas derivadas do traballo cara o capital privado a través dunha serie de medidas que reducen a cuantía das pensións, aumentan a idade de xubilación de 65 a 67 anos e ampliación do período de cálculo de 15 a 25, entre outras. Para Antolín Alcántara, secretario de negociación colectiva da CIG e un dos entrevistados nesta video-reportaxe, este acordo pretende “desmobilizar e desmotivar a clase traballadora”, ademáis de verificar o papel de CCOO e UGT como axentes colaboradores do sistema e lexitimadores dos recortes sociais e laborais.

Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, denuncia o entreguismo dos sindicatos estatais, que até hai pouco mantiñan unha posición contraria ao aumento da idade de xubilación, así como a intención de dinamitar os mecanismos actuais da negociación colectiva para tentaren reducir a capacidade de manobra e illar acción de centrais sindicais de clase como a CIG.

En resumo, o acordo non recolle medida algunha que axude a paliar as consecuencias da crise, se non que repite o esquema de todas as decisións que está a tomar o goberno español en beneficio do gran capital e transferindo os custos da mesma a unha clase traballadora cada vez máis empobrecida.

Para Suso Seixo non só é necesario o loitarmos contra estas medidas, se non que “debemos superar o capitalismo e substituílo por un outro modelo económico e social que defenda á clase traballadora”, situando como unha necesidade histórica “a construción do Socialismo”.


Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |