A soberanía: alternativa á ditadura do mercado
Novas
O vindeiro venres, día 5 de outubro terá lugar a derradeira conferencia que se enmarca nos Encontros Internacionais Dereitos dos Pobos de Europa que organizamos conxuntamente coa Fundación Galiza Sempre e Coppieters Foundation.
Nesta ocasión o titulo da mesa redonda é “A soberanía: alternativa á ditadura do mercado” que se celebrará o venres 5 de outubro, ás 16:30h no Salón de actos da Fundación ONCE na Coruña (Rúa Cantón Grande, 3-A).
A secretaria de Organización da CIG, Susana Méndez, será a encargada de presentar e moderar a xornada na que se abordará:
- A soberanía como ferramenta de xustiza social fronte á ditadura do mercado
Para tratar esta cuestión intervirán os secretarios xerais da Confederación Sindical Catalana-CSC, Carles Sastre; de Eusoko Lagileen Alkartasuna-ELA, Adolfo Muñoz e da Confederación Intersindical Galega, Paulo Carril.
- Cara unha democracia feminista: soberanía e emancipación na Europa actual
A filósofa e Profesora de Ciencia Política da UPV/EHU, Jule Goikoetxea será a encargada de abordar este tema.
- Soberanismo como desproletarización. A reapropiación do que é o noso fronte ao capitalismo mafioso, de desposeimento
Correrá a cargo do Profesor Titular de Antropoloxía Social e Socioloxía Social da Universitat Jaume I de Castelló [UJI], Andrés Piqueras Infante.
2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza