Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

A FESGA organiza en Lugo as Xornadas Internacionais de Economía "Comprendermos a crise"

Novas

Os vindeiros 23 e 24 de novembro, a Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA) organiza en Lugo, no Museo Provincial, co apoio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo as XORNADAS INTERNACIONAIS DE ECONOMÍA:  “COMPRENDERMOS A CRISE E OS SEUS EFECTOS NO BENESTAR SOCIAL
Os vindeiros 23 e 24 de novembro, a Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA) organiza en Lugo, no Museo Provincial, co apoio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo as XORNADAS INTERNACIONAIS DE ECONOMÍA:  “COMPRENDERMOS A CRISE E OS SEUS EFECTOS NO BENESTAR SOCIAL. Orixes, desenvolvemento e alternativas”. Coa finalidade de contribuír ao coñecemento na Galiza das orixes e desenvolvemento da vixente crise sistémica do capitalismo neoliberal e abordar algunhas alternativas que se formulan desde as perspectivas da economía crítica, propuxémonos ofrecer unha variada palestra de relatoras e relatores internacionais. [Acceso ao web das xornadas] Os nosos obxectivos son:
  • ofrecer unha análise rigorosa e ao tempo didáctica da xénese e  caracterización da crise en tanto que reaxuste mundial do sistema capitalista contemporáneo,
  • explicar os máis recentes desenvolvementos da crise e as respostas resultantes dos principais actores económicos e políticos, nomeadamente os desenvolvementos e condicionantes no marco da Unión Europea,
  • debullar os efectos sociais da crise e as consecuencias que afectan aos sistemas de benestar social,
  • achegar ao público lugués e de toda a Galiza alternativas que exploran posíbeis saídas á crise por fóra dos estreitos marcos e limitacións sistémicas .
Contaremos coa participación de representantes de diversos países: GALIZA: Mª do Carme García Negro e Bernardo Valdês Paços, profesores da Universidade de Santiago de Compostela PORTUGAL: Pedro Carvalho, economista, membro do gabiente técnico da União de Sindicatos do Porto – CGTP-IN CATALUÑA: Miren Etxezarreta, economista, Universidade Autónoma de Barcelona – Membro do Colectivo de Economía Crítica “Seminari Taifa” ITALIA: Rita Martufi, economista e investigadora do Centro de Estudos das Transformacións Económico-Sociais (CESTES)- Roma e Luciano Vasapollo,economista, profesor da Universidade de Roma “La Sapienza”, director científico do CESTES MÉXICO: Adrián Sotelo, sociólogo, profesor da Universidade Autónoma de México, especialista na Teoría da Dependencia Podes consultar aquí o programa das Xornadas: PROGRAMA DAS XORNADAS. A participación nas xornadas será totalmente gratuíta e as intervencións retransmitiranse en streaming e editaranse os relatorios. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no correo electrónico: comprendermosacrise@gmail.com Ou por medio do formulario do noso sitio web. Teléfono de contacto:  687.074.516 // FESGA

Volver

2024 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |