Novas

Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Conferencia sobre a situación política e social no Uruguai a cargo de Leonardo Batalla

O vindeiro 6 de novembro ás 20:00 horas, no Salón de Actos da CIG, en Vigo, na rúa Gregorio Espino, Leonardo Batalla, membro do Departamento de  Relacións Internacionais do PIT-CNT e integrante do Grupo Coordenador do Encontro Sindical Nossa América, dará unha conferencia-coloquio sobre a situación política e social no Uruguai, informando ademais sobre a actualidade da articulación continental do sindicalismo de clase e dos movementos populares na América Latina.

Ler máis...

Conferencia-coloquio de Adrián Sotelo: “Crise, resistencias e alternativas. Unha perspectiva desde México”

O vindeiro venres 13 de febreiro, de 10:00 a 14:00 h., no local da CIG en Compostela, no marco da actividade de formación sindical da CIG, a Fundación para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza (FESGA) organizará unha conferencia-coloquio, a cargo do sociólogo Adriano Sotelo, sobre a situación política e social en México no contexto da actual crise do capitalismo mundial.

Ler máis...

FESGA conmemora o centenario da primeira asemblea agraria galega

FESGA, a fundación da CIG para o estudo e divulgación da cuestión social e sindical en Galiza, na súa liña de divulgación da historia do noso país, vén de conmemorar o centenario da primeira asemblea agraria galega, coa realización dunha completa exposición e a edición dun caderno titulados “A loita labrega contra os foros e o caciquismo”, en colaboración co Concello de Monforte de Lemos e coa Diputación Provincial de Lugo.

Ler máis...

María do Carmo García Negro: os efectos e as alternativas da crise económica na Galiza

A profesora de Economía Aplicada da USC, María do Carmo García Negro, participou nunha xornada dedicada a analizar como se está a desenvolver a crise económica internacional e cales son as alternativas que se poden achegar dende Galiza. García Negro puxo especial énfase en resaltar a imbricación que existe entre a economía financeira e a economía produtiva, así como a necesidade de actuar dende o noso País.

Ler máis...

Fesga presenta o caderno gráfico “O galego con humor”

“A través dunha ilustración pódese facer unha tese sobe a realidade da lingua”. Con esta premisa o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, o Secretario Confederal de Formación Sindical, Manuel Mera, e o debuxante Luís Davila, presentaron esta mañá o caderniño “O galego con humor”, unha publicación composta por doce viñetas de seis humoristas gráficos galegos, a través da que se quere facer unha chamada “á necesidade de avanzar no uso social do idioma”.

Ler máis...

Xornadas internacionais de economía social (vivenda e crédito)

Ponentes de varios países participarán nunhas xornadas organizadas pola CIG e SINERXIA, coa colaboración da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, coa fin de achegar á sociedade galega o modelo da economía social, e dar a coñecer experiencias de cooperativismo en materia de vivenda e crédito.

Ler máis...

Darío Machado abordará o “Presente e futuro da revolución cubana”

Dentro do marco do traballo de Formación Sindical, FESGA organiza como actividade de formación interna unha conferencia-coloquio a cargo do compañeiro Darío Machado (Politólogo cubano e profesor na Escola Nacional de Cadros Sindicais “Lázaro Peña” da Central de Traballadores de Cuba) na que se abordará a situación política e social en Cuba, que nos permita ilustrar e comprender as mudanzas en curso na revolución cubana, no contexto xeral dos avances políticos e sociais na América Latina, da actual crise económica mundial e do nacemento dunha nova orde multipolar mundial.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 23 de outubro do 2008, en Santiago de Compostela.

Ler máis...

Estudo socioeconómico da Terra de Soneira

O pasado venres, día 1 de febreiro, presentouse no auditorio de Baio un libro editado por FESGA sobre a Terra de Soneira, segundo a actual comarcalización: sobre os concellos de Vimianzo, Camariñas e Zas. Acudiron á presentación medio cento de veciños destes municipios, representantes de distintas entidades e persoas interesadas polo tema.

Ler máis...

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |