Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Presentación na Galiza do libro: O precariado. Unha nova clase social?

Novas adrian-sotelo capitalismo clase-traballadora precariado sindicalismo

A Coruña, Vigo, Pontevedra e Compostela acollerán os actos nos que participará o autor, Adrián Sotelo A Fundación Moncho Reboiras, presenta na no noso país o libro O precariado

A Coruña, Vigo, Pontevedra e Compostela acollerán os actos nos que participará o autor, Adrián Sotelo A Fundación Moncho Reboiras, presenta no noso país o libro O precariado. Unha nova clase social?. A Coruña, Vigo, Pontevedra e Compostela acollerán do 3 ao 6 de xullo unha serie de actos nos que estará presente o autor, o sociólogo e profesor mexicano Adrián Sotelo. Traducido ao galego e editado recentemente pola Fundación Moncho Reboiras, este libro de Adrián Sotelo, sociólogo e profesor do Centro de Estudios Latinoamericanos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), pon en debate as máis recentes teorías posmodernas e sistémicas que proclaman a fin do traballo, a negación da clase obreira e a súa substitución por un novo suxeito: o precariado. Polemizando con estas teorías e apoiado nunha extensa batería de datos socioeconómicos, o autor revigoriza as categorías marxistas de clase, traballo, valor (e plusvalía), explotación e crise. Reafirmando que para alén das transformacións da condición obreira, da precarización das condicións de traballo e de vida do proletariado moderno, este segue a ser (cada vez máis) a clase antagónica por excelencia do capital. Lugares e horarios das distintas presentacións A CORUÑA 3 de xullo, 10:30 horas Salón de actos da CIG (Avenida Alfonso Molina, s/n. 8º andar). Presenta: Xosé Manuel Carril, profesor titular de Dereito do Traballo e Seguridade Social na UDC e autor do prólogo á edición galega. VIGO 4 de xullo, 20:00 horas Libraría Cartabón (Rúa Urzáiz, 125) Presenta: Manuel Mera, director da Fundación Moncho Reboiras PONTEVEDRA 5 de xullo, 20:00 horas Casa da Luz (Praza da Verdura, s/n) Presenta: Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica e Emprego de Pontevedra. COMPOSTELA 6 de xullo, 20:30 horas Vide, Vide! Espazo Enocultural (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10) Presenta: Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras.    


Volver

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |