Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Comprendermos | 13

Publicacións comprendermos

Neste novo número do Comprendermos pon o foco nas súas páxinas centrais, na cuestión das pensións, un debate aberto arredor da viabilidade e sustentabilidade do sistema público de pensións, Antolín Alcántara, integrante do Padroado da Fundación Moncho Reboiras,  achega algún datos e argumentos para comprender o verdadeiro alcance do problema político que encerra.

Entrevistamos a Carlos e Serafín, dous traballadores vigueses que levan agardando máis de catro anos o indulto que corrixa a sentenza inxusta que os condenou a tres anos de prisión por participar na folga do transporte en 2008.

Un artigo de Uxío-Breogán Diéguez, doutor en Historia e profesor da Universidade da Coruña, lembrando os cincuenta anos da folga estudantil de 1968, en plena ditadura milleiros de estudantes da USC paralizaron a vida universitaria na capital do noso país e plantaron cara as autoridades franquistas.

Tamén analizamos neste número a capacidade do estado para exercer a opresión sobre a clase traballadora, e como o estado, emprega todas as súas ferramentas para convencernos que vivimos nunha sociedade na cal, calquera traballador ou traballadora, somos iguais ante a Lei e que dispoñemos dos mesmo dereitos que a clase dominante.

Finalmente na capa deste número do Comprendermos Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras, analiza os pactos asinados entre CCOO, UGT, patronal e o goberno español, antepoñendo os seus intereses por riba dos intereses da clase traballadora.


Volver

2018 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Información legalContacto